Novas

O mes de outubro vén cheo de eventos de software libre, así o vindeiro 17 de Outubro teremos un seminario de OpenESB, unha ferramenta moi útil para traballar en BigData, no CDTIC, a cargo de Paul Pérez, cabeza visible da comunidade internacional deste proxecto de software libre. Xusto dous días despois, o 19 comezará a Librecon, que se extenderá ata o venres ao medio día. Esta conferencia que se vén celebrando anualmente trata de xuntar a todo o sector empresarial arredor do software libre en España, contando ademais con poñentes de ámbito internacional, unha oportunidade para coñecer ou darse a coñecer no mundo empresarial do software libre.

Unha das principais vantaxes do software libre é a posibilidade de adaptación segundo as necesidades. Un bo exemplo son as distribucións de GNU/Linux, das que hai versións para todos os gustos e necesidades. Un exemplo son as distribucións pensadas para o seu uso en modo kiosko, é dicir, para funcionar sempre en modo de pantalla completa nun equipo posto cara ao público. Nesta ligazón podemos ver as máis populares.


Proxecto destacado

Zabbix é unha ferramenta que permite a monitorización dos servizos, e do hardware, que teñamos despregados nunha rede de ordenadores, tanto internamente na nosa organización, como os que teñamos dispoñibles a través de Internet. Permítenos en todo momento ter información sobre o seu funcionamento, a carga de traballo ou o tráfico que soportan, por exemplo. Poderemos configuralo para que en base a esta información emita alertas ou tome medidas automáticas ante a ocorrencia de determinados eventos, como a sospeita dunha brecha de seguridade, un funcionamento anormal dun dispositivo conectado, unha carga excesiva da rede, a falta de espazo de almacenamento, etc, evitando así que o servizo deixe de estar operativo e que en caso de caída de algún sistema pase o mínimo tempo posible ata que nos demos conta.


Ligazóns de interese

Pin It on Pinterest

Share This