Xa queda menos para a LibreCon 2017. O maior encontro empresarial orientado a achega de solucións TIC e Open Source vólvese a celebrar en Santiago de Compostela.

A pasada edición da LibreCon, celebrada en Bilbao, estivo enfocada nos retos da Industria 4.0, así como nos novos usos de Software Libre no sector financeiro. Este ano a LibreCon 2017 terá lugar os días 19 y 20 de outubro no edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela) e a súa temática transcorrerá sobre economía colaborativa, IoT, Big Data e o sector primario, porque todo está relacionado con todo.

A LibreCon 2017 é un foro aberto ideal para escoitar, debater e coñecer os últimos avances no eido das tecnoloxías abertas onde a asistencia é de balde e de libre acceso(só precisa de inscrición previa).

Este ano contarase cun atractivo e variado grupo de relatores procedentes de diferentes entidades galegas, estatais e internacionais. Nos próximos días iremos coñecendo, á medida de que se vaian publicando na web do evento, máis detalles sobre os traballos seleccionados e a programación de relatorios. Ademais, este ano, cóntase coa celebración do primeiro LibreHack, organizado polo GPUL, un hackathon paralelo á Librecon para desenvolver proxectos gratuítos que pretenden mellorar a Industry 4.0 e o sector primario.

Tamén como en outros anos, na LibreCon contase coa participación de voluntarios que colaborarán na realización do evento. Calquera interesado en participar como voluntario, pode facelo escribindo un correo a eventos@agasol.gal, con o asunto “voluntariado librecon”.

A LibreCon 2017 é un evento que organiza AGASOL xunto con ASOLIF. Ademais das empresas participantes nas conferencias, LibreCon conta co apoio institucional da Xunta de Galicia, Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Pin It on Pinterest

Share This