Novas

  • Informe sobre o valor dos datos abertos para a administración [Ler máis... (En Castelán)]
  • Un pequeno concello de valencia aforra 25.000 € grazas ao software libre [Ler máis... (En Castelán)]
  • A cidade de Rennes comeza a súa migración a software libre, o primeiro paso darao coa migración do correo electrónico a Zimbra [Ler máis... (En Inglés)]
  • WordPress alcanza xa o 30% de páxinas web en todo o mundo e o 40% en España [Ler máis... (En Castelán)]

Caso de éxito

Quizais o uso máis coñecido de CKAN por parte dunha administración sexa a do portal de datos abertos do Reino Unido ( data.gov.uk), que foi pioneiro ademais neste tipo de portais. Tamén destacan o portal de datos abertos dos Estados Unidos ou o máis recente da Unión Europea. Sen embargo o caso de uso que destacamos é o da plataforma de datos abertos de Holanda.

Trátase dun desenvolvemento que combina CKAN con Drupal, e que ten como particularidade que permite a integración de subportais de datos abertos para cada unha das cidades. Así, mediante subdominios da url principal pódense xerar distintos portais cos datos compartidos por cada unha delas, utilizando unha infraestrutura común.

Proxecto destacado

CKAN, Comprehensive Knowledge Archive Network nas súas siglas en Inglés, é unha aplicación de software libre para o almacenamento e distribución de datos. O seu código, mantido pola Open Knowledge Foundation está publicado baixo a licenza libre AGPL.

Unha das potencialidades desta ferramenta é a súa facilidade de uso, pódese pensar como unha especie de WordPress pero en lugar de engadir novas ou páxinas, engádense datos. A outra gran potencialidade é a súa modularidade, o que permite que se integre con diversas ferramentas e adaptar a súa funcionalidade a diferentes casos de uso.


Formación e eventos


Segue a...

Steven De Costa (@starl3n)

Membro da Open Knowledge Foundation Australia e da Asociación CKAN. Organizador da comunidade GovHack.org

Pin It on Pinterest

Share This