Aplicacións de software libre para usuarios de a pé: Gravación de son

Xoves, 21 Outubro 2021
#AplicacionsDeSoftwareLibreParaUsuariosDeAPé #ArtigoTIC

Continuamos coa serie de artigos acompañados de videotitoriais sobre aplicacións de software libre para usuarios de a pé.

No primeiro artigo centrámonos na reprodución de música con software libre, nesta segunda entrega veremos como gravar son con Audacity.

Audacity

Audacity é unha solución moi completa para a gravación e edición de son dunha forma rápida e sinxela, licenciada baixo os termos da licenza GPL versión 2, ademais é unha ferramenta multiplataforma que conta con versións para GNU/Linux, Windows e MacOS.

As características máis destacables de Audacity son:
– Realización de gravacións mediante micrófono, interfaces ou calquera outra fonte de son virtual ou física.
– Importación e exportación do son en múltiples formatos como wav, flac, mp3, ogg e outros.
– Alta calidade de son soportando 16, 24 e 32 bits de profundidade.
– Edición do son dunha forma sinxela con operacións básicas como cortar, copiar, pegar, borrar… que se poden desfacer e refacer.
– Biblioteca de efectos de sonido con previsualización en tempo real.
– Análise do son mediante espectrogramas.
– Características ampliables mediante o uso de plugins de terceiros e soporte para scripts.

Modo de alto contraste

Configuración e gravación de son con Audacity

Podes descargar este magnífica ferramenta desde a súa web oficial:
https://www.audacityteam.org/

Unha vez instalada, vamos ver como configurala e utilizala neste videotitorial para sacarlle todo o partido nas gravacións:

Pílula en vídeo sobre gravación de son con Audacity

Esperamos que vos gustara este videotitorial e que empecedes a usar ferramentas libres para as vosas actividades cotiás.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal