Despois de varias series de artigos sobre ferramentas pensadas para empresas, iniciamos unha nova serie de artigos acompañados de videotitoriais sobre aplicacións de software libre para usuarios de a pé.

No primeiro artigo centrarémonos na reprodución de música con software libre.

Reprodutores de música libres

– VLC
– Audacious
– DeadBeef

VLC

VLC é sen dúbida o reprodutor multimedia multiplataforma por excelencia (para calquera plataforma de pc, incluso o podemos usar en iOS e Android), tanto para son como para vídeo, ademais é software libre e un dos proxectos libres máis usados e coñecidos pola xente.

Reproduce a maioría dos arquivos multimedia existentes, ademais de DVD’s, cámaras web, Audio CD, VCD e diversos protocolos de transmisión.

Completamente gratis, pero sen software espía, sen anuncios e respectando a privacidade do usuario.

Permite personalizar o programa ao noso gusto, podendo agregar peles e instalar extensións que fan crecer en funcionalidades ao programa.

Audacious

Audacious, reprodutor de software libre moi estimado na comunidade GNU/Linux. Existe tamén unha versión para Windows.

Reprodutor e organizador pensado para calquera tipo de ordenador, optimizado para que poida funcionar tamén en equipos vellos sen ningún problema. Se tes unha computadora moi vella e queres darlle unha segunda vida antes de reciclala, con Audacious vas a poder convertila nun potente centro de reprodución musical para a túa habitación ou o teu salón, conectándolle simplemente un par de altofalantes.

Audacious aposta pola simplicidade, pero conta con todas as funcións necesarias para poder disfrutar del. Poderemos buscar por artistas ou álbums na súa biblioteca, crear listas de reprodución, reproducir CD’s ou escoitar música desde internet. Conta con ecualizador gráfico, efectos de son e a posiblidades de usar plugins.

DeadBeef

Deadbeef, reprodutor libre multiplataforma (funciona tanto para GNU/Linux, como para Mac e Windows). Como Audacious, é un programa que aposta pola sinxeleza.

Conta con todas as opcións habituais dun reprodutor, permitindo tamén a edición dos metadatos das cancións ou crear listas de reprodución.

Unha das características que o fan diferente a outros reprodutores é a posibilidade de utilizalo para a conversión entre diferentes formatos de son incluídos os formatos Hi-Res, permite personalizar a interface e utilizar unha gran variedade de plugins.

Pílula en vídeo sobre reproducir música

 

Esperamos que vos guste este primeiro artigo e os que están por vir!

Pin It on Pinterest

Share This