Continuamos coa serie de artigos acompañados de videotitoriais sobre aplicacións de software libre para usuarios de a pé. No segundo artigo centrámonos na gravación de son con software libre, nesta terceira entrega veremos como editar son con Audacity.

Audacity

Audacity é unha solución moi completa para a edición de son, e resulta moi cómodo para facer edicións básicas e outras máis avanzadas (limpeza do son, compresión, limitación, efectos…).

Con Audacity poderemos facer unha gran cantidade de modificacións ao son:
– Edición do son dunha forma sinxela con operacións básicas como cortar, copiar, pegar, borrar… que se poden desfacer e refacer.
– Biblioteca moi completa de efectos de son con previsualización en tempo real (pódese ver a biblioteca de efectos na seguinte imaxe).

– E outras características ampliables mediante o uso de plugins de terceiros e soporte para scripts.

Podes descargar este magnífica ferramenta desde a súa web oficial:
https://www.audacityteam.org/

Vamos ver neste videotitorial, varias edicións que podemos facer aos nosos arquivos de son:

Pílula en vídeo sobre edición de son con Audacity

 

Para a xente interesada en mellorar os seus coñecementos sobre edición de son, recomendamos estes cursos:
Curso de audacity, da canle de Podcast Linux
Curso de audacity, da canle de 9 decibelios

Esperamos que vos gustara este videotitorial e que empecedes a usar ferramentas libres para as vosas actividades cotiás.

Pin It on Pinterest

Share This