Novas

  • Recopilación dos resumos semanais, en formato vídeo, das novas do portal Mancomún [Ler máis...]
  • Obradoiro de iniciación a Arduino para adultos [Ler máis...]
  • Curso de GIT organizado polo CIXUG [Ler máis...]
  • Entrevista a Jean-Philippe Mengual sobre accesibilidade [Ler máis...]
  • Open Labs axudou na introdución de Nextcloud e Libre Office en Tirana [Ler máis...]
  • 66-Mancomún Podcast: Ciberseguridade con José Picón, Jose Luis Navarro, David Meléndez e Gabriela García [Ler máis...]
  • II Faladoiro de Mancomún [Ler máis...]
  • Proxecto de Interese Europeo de software libre [Ler máis...]
  • Serie de Artigos TIC – Ciberseguridade orientada a empresa: Antivirus e VPN [Ler máis...]
  • 65-Mancomún Podcast: Accesibilidade web e Joomla, con Pablo Arias [Ler máis...]
  • A misión parlamentaria francesa apoia o software libre [Ler máis...]
  • LibreOffice 7.2 Community conta co seu propio HUD [Ler máis...]
  • 64-Mancomún Podcast: Ciberseguridade nas empresas, con Pilar Vila [Ler máis...]
  • OsmAnd 4.0, navegación e visualización de mapas libres [Ler máis...]

Formación/Eventos

Caso de éxito

Proxecto destacado

Ministerio-de-Sanidade-de-Xamaica gnu-health

Ministerio de Sanidade de Xamaica

GNU Health

O Ministerio de Sanidade de Xamaica empezou a adopción de GNU Health (sistema de información sanitaria e hospitalaria gratuíta) no ano 2013. Xamaica foi así, o primeiro país en adoptar GNU Health, un proxecto de migración a software libre.

GNU Health foi presentado na sesión da Organización Mundial da Saúde (OMS) e a Unión Internacional de Comunicacións (UIT) "As TIC para mellorar a información e a rendición de contas para a saúde das mulleres e os nenos" no Cume Mundial sobre a Sociedade da Información - Foro WSIS 2013 en Xenebra.

Outras casos de implementación de GNU Health en saúde pública a día de hoxe, pódense atopar en varias clínicas e hospitais de Arxentina, Laos e da India.

GNU Health, ecosistema de saúde dixital libre.

O proxecto GNU Health proporciona as ferramentas libres (con licenza GPL v3) para que as persoas, os profesionais da saúde, as institucións e os gobernos poidan avaliar e mellorar de forma proactiva os determinantes subxacentes da saúde, desde os axentes socioeconómicos ata as bases moleculares da enfermidade. Desde a atención sanitaria primaria ata a medicina de precisión.

GNU Health é un proxecto libre e comunitario de GNU Solidario, unha organización humanitaria sen ánimo de lucro centrada na medicina social. GNU Solidario desenvolve aplicacións de saúde e utiliza exclusivamente software Libre. GNU Health é un proxecto oficial de GNU. GNU Health está sendo utilizado en varias partes do mundo como: Arxentina, Xamaica, Indonesia, Bangladesh, entre outras.

Se queredes saber máis sobre este proxecto, estase publicando un podcast mensual en español sobre GNU Health chamado “Podcast de Medicina social y GNU Health”

Segue a

GNU Solidario(@gnusolidario)
GNU Solidario traballa en todo o mundo, proporcionando saúde e educación.

Pode consultar os anteriores boletíns no seu formato online a través da seguinte ligazón.

Oficina de Coordinación de Software Libre

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia - Xunta de Galicia

software.libre@xunta.es - 881 995 600