Vídeos da FOSDEM 2023

Luns, 20 Marzo 2023
Vídeos da FOSDEM 2023

Para todos aqueles que non puideron asistir á FOSDEM 2023, están dispoñibles as gravacións das charlas que tiveron lugar nela. A forma máis doada de atopar as que máis che interesen é a través desta páxina onde os vídeos están organizados por salas: https://fosdem.org/2023/schedule/roomtracks/

A FOSDEM é un evento gratuíto onde miles de desenvolvedores de software libre e código aberto de todo o mundo poden reunirse, compartir ideas e colaborar xuntos en Bruxelas. Goza dun amplo recoñecemento como a mellor conferencia deste tipo en Europa. Un evento de dous días organizado por voluntarios para promover o uso xeneralizado do software libre e do código aberto.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal