Hyperbola anuncia a súa migración a BSD

Mércores, 8 Xaneiro 2020

O equipo de Hyperbola (desenvolvedores do sistema operativo Hyperbola GNU/Linux-libre, distro totalmente libre baseado en Arch e Debian e con soporte LTS) veñen de anunciar:

“Debido a que o kernel de Linux está a avanzar rapidamente por un camiño inestable, estamos a planear implementar un sistema operativo completamente novo derivado de varias implementacións BSD.

Isto non será unha “distro”, senón unha bifurcación dura do kernel e o espazo de usuario de OpenBSD incluíndo novo código escrito baixo GPLv3 e LGPLv3 para substituír as partes incompatibles coa GPL e as que non son libres.

Como tal, continuaremos apoiando a rama Milky Way ata o ano 2022, cando o noso kernel legado de Linux-libre chegue ao final da súa vida.
As futuras versións de Hyperbola usarán HyperbolaBSD que terá o novo kernel, espazo de usuario e non será compatible coas versións anteriores.

Máis información no anuncio oficial

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal