esLibre Edición 2022

Xoves, 16 Xuño 2022
esLibre Edición 2022

O 24 e 25 de xuño volve o esLibre, encontro de persoas interesadas nas tecnoloxías libres, centrada en compartir coñecemento e experiencia ao seu redor.

Despois de dúas edicións virtuais, esLibre volve en formato presencial, esta ano en Vigo. Como resultado da convocatoria en sede aberta, a presentada por GALPon – Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra, foi a elexida.

esLibre

Grazas a GALPon y AGASOL, como comunidades anfitrionas, encargáronse de conseguir os espazos necesarios en MARCO (Museo de Arte Contemporáneo de Vigo) y MUTA (Espazo Mutante para Eventos no centro de Vigo).

Seguirase o mesmo formato que en anos anteriores: charlas, obradoiros, salas comunitarias… co apoio de asociacións como Interferencias y LibreLabGRX y outras organizacións como OfiLibre de la URJC, quen axudará á organización e sumará esforzos na realización desta edición nun formato híbrido presencial/virtual. Por último, contarán tamén como patrocinadores á Xunta de Galicia e a Librebit.

Horario completo: https://eslib.re/2022/horario/
Propostas aceptadas: https://propuestas.eslib.re/2022/

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal