CSS Grid Layout: O futuro xa está aquí

Mércores, 19 Abril 2017

Este próximo 26 de Abril o grupo PHP Vigo organiza un meetup no que estará presente Manuel Rego, quen participou na implementación de CSS Grid Layout. Nesta presentación teremos a oportunidade de coñecer como funciona CSS Grid Layout e como este novo módulo de CSS vai cambiar o modo de deseñar webs no futuro próximo.

Manuel Rego traballa na compañía galega Igalia e leva varios anos enfocado no desenvolvemento de CSS Grid Layout en WebKit e Chromium. Esta charla con Manuel Rego, que o grupo PHP Vigo nos pon ao alcance, é unha oportunidade excepcional para os desenvolvedores de coñecer de primeira man esta tecnoloxía que está chegando á industria de desenvolvemento web.

Manuel falará de como foi a súa experiencia desenvolvendo esta nova especificación de CSS para Webkit. Dun xeito coloquial tamén detallará as diferentes propiedades para aprender esta nova forma de crear webs, as bondades desta tecnoloxía e da situación do soporte de Grid nos actuais navegadores web. Por exemplo, falarase sobre as features xa incluídas nas últimas versións dos motores web dos navegadores web actuais, e outros temas controvertidos como os subgrids e as opcións actuais para simulalos.

CSS Grid Layout estandariza e simplifica as definicións da estrutura do contido das webs sen necesidade de frameworks externos. Na actualidade CSS Grid Layout xa está incluído por defecto nas versións de Safari 10.1, Firefox 52, Chrome 57, Opera 44 e falta que Edge actualize a súa implementación á nova versión da especificación para que se acade o soporte de Grid Layout en todos os navegadores modernos.

No mesmo meetup, tamén teremos a ocasión de obter breves flashes sobre tecnoloxía en forma de breves charlas de 5 minutos exactos (lightning talks) nas que se expoñerán os temas de forma breve e concisa.

Programa do meetup

  • CSS Grid Layout: O futuro xa está aquí – Manuel Rego (@regocas)
  • 4x Lightning talks:
    • Métodos máxicos II (Rolando Caldas)
    • PHP Traits (Carlos Goce)
    • Charla de Félix Gómez
    • Shame on you PHP!! (Sergio Carracedo)

O meetup terá lugar o mércores 26 as 20:00 horas no espacio de co-working Kaleido Coworking de Vigo.

PHP Vigo

PHP Vigo, é un grupo nacido da necesidade de construír unha comunidade entre os desenvolvedores en Vigo e arredores, o principal obxectivo deste grupo é o intercambio de coñecemento entre a comunidade de desenvolvedores mediante charlas periódicas pero tamén facilitar a comunicación entre empresas e desenvolvedores PHP.

Enlaces de interese:

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal