Coruña Hacks comeza a andada o sábado 3 de marzo

Xoves, 1 Marzo 2018

Coruña Hacks é unha iniciativa que están organizando Árticos (Asociación Arteixo TIC), Coruña Developers, GDG Coruña (Grupo de Desenvolvedores de Google da Coruña) e GPUL (Asociación Universitaria Grupo de Programadores e Usuarios de Linux).

Con Coruña Hacks preténdese dinamizar a comunidade de software libre da comarca da Coruña realizando desenvolvementos, proxectos, hackatons nos que se desenvolvan solucións a problemas reais que afecten a asociacións da zona ou á propia comunidade, tendo así a solución destes un impacto positivo na sociedade.
Unha das intencións desta iniciativa tamén é crear un espazo de traballo periódico no que poder desenvolver os proxectos en forma de hackatons constantes no tempo. Dentro da programación tamén encaixan outras actividades como charlas e obradoiros sobre tecnoloxías que se vaian empregar para desenvolver os proxectos e por suposto outros eventos de “networking“.

Aínda que a primeira actividade non será ata o sábado 3 de marzo no Centro Ágora, o chamamento a participar en Coruña Hacks xa se realizou a mediados de xaneiro, facendo a petición de propostas de posibles proxectos a realizar, ata o momento hai 9 proxectos propostos, entre os que destacamos: Plataforma para a xestión de espazos para organizar actividades, Ferramenta para a realización de votacións rápidas e sinxelas, Directorio de proxectos “made in Galicia” e Nube privada plug and play.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal