Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas

Openoffice.org

OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas.

Icona openoffice.org

As aplicacións que conforman o OpenOffice.org son:

  • Writer (procesador de texto)
  • Calc (folla de cálculo)
  • Draw (deseño gráfico)
  • Impress (programa de presentacións)
  • Math (editor de fórmulas matemáticas)
  • Base (base de datos)
  • Un editor visual de páxinas web.
  • Un gravador de macros.
  • Filtros para a importación de ficheiros con formatos de Microsoft Word e outros e para exportación a PDF e Macromedia Flash.

Foi creado a partir do StarOffice de Sun Microsystems. Está licenciada como software libre baixo os termos da LGPL (Lesser General Public License) ou da SISSL.

DESCARGA:

OpenOffice.org 3.2 en galego

Windows

Linux (RPM)

Linux (DEB)

Dende esta ligazón é posible descargalo para outros sistemas operativos ou idiomas.

Web oficial do OpenOffice.org en galego: gl.openoffice.org

Coordinación oficial da tradución ao galego do OpenOffice.org

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia