Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas

Libreoffice

LibreOffice é a suite libre máis potente para produtividade persoal de código aberto, que inclúe 6 aplicativos ricos en funcionalidades para todas as súas necesidades de produción de documentos e procesamento de datos.

Libreoffice inclúe os seguintes aplicativos:

  • Writer, o procesador de textos
  • Calc, a folla de cálculo
  • Impress, o editor de presentacións
  • Draw, a aplicación de debuxo e diagramas de fluxo
  • Base, base de datos e interfaz con outras bases de datos
  • Math para a edición de fórmulas matemáticas.

Está dispoñible para os sistemas operativos GNU/Linux, Windows e Mac.

Está licenciada como software libre baixo os termos da LGPL (Lesser General Public License).

Web oficial do Libreoffice en galego: gl.libreoffice.org

Versións dispoñibles

LibreOffice está disponible en dúas ramas de desenvolvemento:

  • Versión "still" ou estable, que é a recomendada para sistemas en produción.
  • Versión "fresh" ou nova, que está ao dia coas últimas novidades e actualizacións, pero non se recomenda para uso en sistemas en produción, xa que é máis susceptible a fallos.

Versións antigas

Ademais a Document Foundation mantén un arquivo de versións anteriores, útil se por calquera razón queremos descargar unha versión concreta máis antiga.

Por exemplo, a versión solicitada na ORDE do 15 de xuño de 2015 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, é a versión Libreoffice 4.2.4.2 que se pode atopar en:

S.O. Instalable Axuda en galego Axuda en castelán Paquete de idioma galego Paquete de idioma castelán
Windows Libreoffice 4.2.4.2 (win)
Axuda-gl Axuda-es - -
GNU/Linux (32bits - rpm) Libreoffice 4.2.4.2 (rpm) Axuda-gl Axuda-es Idioma-gl Idioma-es
GNU/Linux (32bits - deb) Libreoffice 4.2.4.2 (deb) Axuda-gl Axuda-es Idioma-gl Idioma-es

Documentación

Existe unha completa documentacion sobre Libreoffice na páxina oficial.

Ademais está dispoñible tamén o material formativo para a preparación do CODIX empregado na rede CeMIT.

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia