Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas

GONG

GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento).

Logo de GONG

GONG 2.5, a última versión, está especialmente orientada á xestión de proxectos integrando a xestión técnica e financeira, conta con novas funcionalidades (xestión por tarefas e estados, xestión de gastos estruturais, novas vistas, mellora da exportación e importación,...etc) ademais de mellorarse a usabilidade xeral do sistema.

GONG inclúe, entre outros, os seguintes módulos:

  1. Xestión de Proxectos
  2. Xestión completa do ciclo do proxecto (identificación, formulación, seguimento, peche, avaliación, auditoría, abandono, suspensión, etc.).
  3. Xestión documental asociada a todo o ciclo.
  4. Axuda á Elaboración da Matriz de Planificación segundo o paradigma do EML
  5. Xestión financeira completa do proxecto, incluíndo Gastos, Presupostos, Transferencias, Impostos Indirectos, Taxas de Cambio, etc.
  6. Axuda á elaboración de documentación habitual incluíndo Informes de Identificación, Formulación, Seguimento, Peche, Auditoría, etc.
  7. Xestión de Socios e Doadores.
  8. Cadro de Mando cunha interface que permite a selección de dimensións, a rotación, o drill down, o drill up, a selección de elementos, etc. E amosa a información en modo textual e en modo gráfico.
  9. Sistemas de buscas elaboradas, acceso controlado de usuarios, foros, repositorio documental, etc.

GONG distribúese baixo licenza EUPL 1.1. O proxecto naceu da man de CENATIC no ano 2007 e a última versión foi desenvolvida por IEPALA, participando CENATIC ofrecendo infraestrutura de forxa, xestión e dinamización da Comunidade.

Existe un web demo do produto para poder realizar a avaliación da ferramenta e analizar se satisface as necesidades da ONG sen necesidade de facer unha instalación da mesma.

GONG 2.x está dividido en 3 compoñentes:

  • GONG-GOR : Módulo principal (pode funcionar sen a instalación dos outros dous, aínda que perdendo as funcionalidades que estes proporcionan)
  • GONG-CuadroDeMando : Proporciona o Cadro de Mando de seguimento (require ter instalado GONG-GOR)
  • GONG-Informes : Proporciona a xeración de Informes (require ter instalado GONG-GOR)

DESCARGA E INSTALACIÓN

O proxecto GONG está aloxado en https://gong.org.es/projects/gor

Para a instalación de cada un dos elementos, só hai que descargar o arquivo tar.gz relacionado e seguir as instrucións do ficheiro INSTALL incluído no arquivo.

Tamén existe unha páxina no wiki do proxecto que contén as instrucións de instalación sobre Debian (aínda que indican que pode facerse dende calquera outro sistema).

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Galicia