Zulip é unha solución de comunicación de equipo desenvolvida en Python comezada por unha empresa homónima adquirida por Dropbox no ano 2014 e grazas ao cal foi liberada baixo Apache 2.0.
Esta ferramenta permite a comunicación tanto instantánea, a modo de chat, como asíncrona tendo así en conta as distintas dispoñibilidades dos membros dos equipos de traballo e mantendo a persistencia de todas as mensaxes incluídas as recibidas mentres non se está conectado. Tamén permite visualizar as mesmas dun xeito cómodo e organizado en fíos.
Esta solución tamén conta coa posibilidade de personalización debido ás súas APIs, de feito, grazas ás mesmas existen numerosas integracións con outras plataformas como poden ser GitHub ou LDAP.

Zulip conta con unha parte servidor e varios clientes. Estes clientes están dispoñibles para diversas plataformas, tanto móbiles como de escritorio ou mesmo existe unha versión para navegador, sen necesidade de instalación.
Os usuarios poden instalar o software de servidor na súa propia infraestrutura pero tamén poden usar servizos de terceiros, ou o servizo en Zulipchat.com onde se pode utilizar a subscrición de balde ou un plan de pago con máis espazo e soporte incluído.

Algunhas das características máis destacables de Zulip son:

  • Notificacións configurables.
  • Notificacións integrables con Trac, Nagios, GitHub, Jenkins…
  • API REST para a integración con outras plataformas.
  • Chamadas de vídeo a un click empregando Zoom, Jitsi ou Hangouts.
  • Integración con IRC, Matrix e Slack.
  • Mensaxes e borradores persistidos.
  • Usuarios convidados con acceso a grupos determinados.
  • Procura en todo o histórico de mensaxes.

Pin It on Pinterest

Share This