WireGuard é unha solución de VPN (Virtual Private Network) que permite crear unha rede privada a través de internet para conectar de forma segura a máquinas que se atopen en distintas localizacións. Algúns dos casos de uso desta tecnoloxía son empresas con diferentes localizacións que queiran ter intercomunicadas as mesmas a través de internet e tamén empresas que teñan a persoas traballando en remoto e que necesiten o acceso a recursos de dentro da rede da empresa, permitindo así ter acceso a todas esas máquinas dunha forma privada e segura igual que se estiveran nunha mesma localización.

WireGuard está desenvolvido principalmente na linguaxe C e liberada baixo os termos da licenza GPLv2, está dispoñible para múltiples plataformas como Android, diversos BSDs, iOS, GNU/Linux (integrada no kernel dende a versión 5.6), macOS ou Windows. É unha solución que destaca por contar con un deseño arquitectural robusto e sinxelo que a fai ser unha opción con unha seguridade e rendemento mellores que outras alternativas como poden ser IPSec ou OpenVPN.

Pin It on Pinterest

Share This