Tuleap é unha plataforma de xestión de proxectos enfocada en metodoloxías áxiles. Está deseñada e enfocada para a xestión de proxectos software, podendo ser unha alternativa a forxas como GitHub ou GitLab. Conta con unha comunidade moi activa dentro da cal están os cerca de 100 contribuidores. Na páxina web do proxecto teñen moito material de demostracións e titoriais para comezar a coñecer a ferramenta, que está dispoñible para instalar en infraestrutura propia ou para comezar a usar a versión enterprise, da cal se pode solicitar unha proba de 15 días gratis e consta de soporte profesional e algunhas características adicionais seguindo así o modelo de negocio open core.

Tuleap non só ten funcionalidades de xestión de proxectos, tamén conta con características como:

  • Xestión de tíckets
  • Desenvolvemento continuo e revisión de código
  • Integración con repositorios con Git ou Subversion
  • Integración de repositorios con Gerrit ou Jenkins
  • Xestión de testes ou probas
  • Xestión documental mediante MediaWiki
  • Ferramentas de comunicación en tempo real con un conector con Mattermost co soporte de bots.

Pin It on Pinterest

Share This