O proxecto TensorFlow é unha plataforma de software libre para a aprendizaxe automática. Inicialmente foi desenvolvida por parte do equipo de traballo “Google Brain” para o uso interno da multinacional, pero finalmente liberouse baixo a licenza Apache 2.0.

TensorFlow proporciona APIs para as linguaxes C++, Python, Java e JavaScript mediante o uso das mesmas pódense construír sistemas de aprendizaxe máquina. TensorFlow facilita a construción de modelos de aprendizaxe baseados en redes neuronais proporcionando distintos niveis de abstracción podendo así desenvolver un sistema de aprendizaxe dunha forma sinxela.

Actualmente existen unhas cantas bibliotecas alén da versión estándar que se poden empregar segundo o uso que se vaia dar ao sistema a desenvolver, para o uso en navegadores con JavaScript, para dispositivos menos potentes como móbiles e Internet of Things.

Pin It on Pinterest

Share This