Seafile é unha plataforma de sincronización e compartición de ficheiros na nube, detrás da cal está a empresa Seafile Ltd, que é a encargada do seu desenvolvemento e soporte. A plataforma, segue a filosofía de open core, contando con dúas versións, a versión da comunidade baixo AGPLv3 e a versión profesional, que conta con soporte e outras características avanzadas.
As principais características de Seafile son:
- Cifrado de ficheiros
- Integración con directorios como LDAP ou AD
- Control de acceso a ficheiros mediante permisos
- Versionado de ficheiros
- Edicións online de ficheiros mediante Collabora Online
- Xestión de usuarios
- Copia de seguridade e recuperación