Scylla é un software xestor de base de datos NoSQL distribuída e software libre que se deseñou para ser compatible con Apache Cassandra. Soporta os mesmos protocolos ca Cassandra e os mesmos formatos de ficheiros, a grande diferencia é que Scylla foi escrita en C++, mentres que Cassandra está escrita en Java, o que o fai ter un rendemento máis alto e unha menor latencia. Entre as características de Scylla, as máis destacables son a súa alta dispoñibilidade e escalabilidade.
A maiores do proxecto Scylla tamén existe a empresa ScyllaDB que é a encargada do desenvolvemento do proxecto, mantemento e tamén ofrece licenzas “Enterprise” de Scylla, que inclúen diversos servizos como soporte, priorización na resolución de erros, etc.

Pin It on Pinterest

Share This