Scribus é un software de maquetación liberado baixo GPLv2 ou superior e multiplataforma que ofrece un gran rendemento na creación de publicacións por computador e atópase dispoñible en multiplos idiomas incluídos o galego e o castelán.

Scribus permite a autoedición e maquetación que facilita e automatiza a composición, deseño e diagramación de páxinas, con el pódense crear unha gran variedade de documentos e formularios, así como a impresión en diferentes formatos, tanto para a publicación a gran escala, como para a distribución a menor escala, con todo isto, esta ferramenta ofrece capacidades para o deseño e diagramación similares ás ofrecidas por programas privativos como Adobe PageMaker, QuarkXPress e Adobe InDesign. Entre os exemplos da súa aplicación poden atoparse periódicos, folletos, carteis, libros, boletíns de novas, tarxetas de visita ou mesmo caixas.

Pin It on Pinterest

Share This