Rocket.chat é unha solución de comunicación co foco posto en equipos de traballo de desenvolvemento, aínda que é totalmente válido para a comunicación de calquera equipo de traballo ou departamento. A solución é unha aplicación web multiplataforma altamente configurable mediante bots cos que se poden automatizar tarefas e estender funcionalidades e que alén das típicas características das aplicacións de mensaxería instantánea tamén permite realizar videoconferencias, compartir ficheiros e a pantalla entre os usuarios. Sendo así dunha alternativa libre a outras solucións como Slack.

O proxecto naceu sendo unha extensión de chat para un CRM, está desenvolvida fundamentalmente en JavaScript e liberada maioritariamente baixo licenza MIT. Rocket.chat tamén é a empresa que lidera o desenvolvemento da solución e que ofrece servizos baseados na solución, como o uso da aplicación en infraestrutura externa, características e desenvolvementos máis avanzados seguindo o modelo de negocio “open core”.

Mediante o uso de Rocket.chat pódese ter unha ferramenta para a comunicación apropiada tanto para o tempo real como para casos máis asíncronos, integrando así nunha mesma ferramenta características propias do correo electrónico e da mensaxería instantánea agregando ademais outras funcionalidades máis avanzadas ou incluso a opción de desenvolver integracións con outros sistemas que poden ampliar as posibilidades da solución, xa que Rocket.chat conta con unha API pública, algún exemplo das posibilidades son a autenticación externa, compartir ficheiros, conferencias de son ou vídeo…

Pin It on Pinterest

Share This