Proxmox Virtual Environment é unha solución que proporciona unha contorna de virtualización baseada en tecnoloxías libres e liberada baixo os termos da licenza GNU AGPL versión 3.

Esta solución trátase dunha solución completa no referente á xestión de centros de datos corporativos que aglutina unha serie de software nunha distribución baseada en Debian que se pode instalar en infraestrutura propia ou pode usarse como servizos ofrecidos por terceiros.

Tamén existe unha empresa homónima, afincada en Austria e que está detrás deste proxecto e que conta tamén con outros proxectos libres como Proxmox Mail Gateway e Proxmox Backup Server, esta empresa é a encargada do desenvolvemento destas tres solucións sobre as que tamén ofrece servizos de mantemento.

Algunhas das características principais de Proxmox son:

  • Permite realizar a xestión de virtualización a través dun interface web intuitiva e sinxela de utilizar.
  • Soporte de dous modelos de virtualización, máquinas virtuais empregando a tecnoloxía KVM ou a tecnoloxía de contedores LXC.
  • Colección de ferramentas a través da interface web que permiten realizar tarefas interesantes para a administración de centros de datos como a xestión de volumes de almacenamento, a xestión de alta dispoñibilidade…

Pin It on Pinterest

Share This