PostgreSQl é un sistema de xestión de bases de datos de Software Libre. O proxecto é xestionado por unha comunidade de Software Libre, denominada PostgreSQL Global Development Group (PGDG). Existen tamén diferentes empresas que ofrecen as súas propias solucións sobre PostgreSQL con soporte profesional. Trátase dun sistema xestor multiplataforma, moi potente con características avanzadas como a xestión de concorrencia, transaccións distribuídas, vistas actualizables, asi mesmo conta tamén con unha extensión chamada postgis que dota a este xestor de capacidades de procesamento espacial.

Pin It on Pinterest

Share This