Pandora FMS é unha ferramenta de software libre para a monitorización de redes que permite coñecer o estado de servizos, redes informáticas, servidores ou dispositivos de rede. Unha das máximas que ten o proxecto é a de ser flexible, de feito as siglas FMS significan Sistema de Monitorización Flexible.

Existen dúas versións de Pandora FMS, a versión “Community” que é a que está liberada baixo GPL 2 e a versión “Enterprise” con unha licencia comercial, seguindo así co modelo de “open core”.

Entre as súas funcionalidades destacamos as seguintes:

  • Verificación de dispoñibilidade de diversos servizos como pode ser correo electrónico, web…
  • Obtención de estatísticas como uso de CPU, memoria, disco, trafico de rede…
  • Permite monitorizar servizo usando os protocolos, ICMP, SNMP, SSH, FTP.
  • Permite obter parámetros tanto despregando axentes coma sen eles.

Pin It on Pinterest

Share This