Owncloud é un dos máis populares aplicativos de creación de nubes persoais ou privadas; é dicir, é unha solución para a creación dun servizo de almacenamento e compartición segura de ficheiros na nube, unha alternativa a servizos como Dropbox ou Google Drive.

Entre as funcionalidades de Owncloud destacan:

  • Almacenamento compartido de ficheiros na nube.
  • Sincronización de ficheiros entre diversos equipos.
  • Calendario compartido.
  • Capacidade de edición colaborativa en liña de documentos.
  • Xestión de contactos.
  • Control de cambios: leva un rexistro dos cambios realizados nos ficheiros polos distintos usuarios.
  • Visor de documentos: visualización de ficheiros en formato estándar aberto OpenDocument dende a interface de Owncloud.
  • Cartafoles públicos: posibilidade de compartir un cartafol publicamente con usuarios non rexistrados no servidor de Owncloud.

OwnCloud é software libre, dispón de aplicacións de cliente multiplataforma (GNU/Linux, Mac OsX, Windows) así como clientes para dispositivos Android ou iOS e está dispoñible integramente en galego.

Pin It on Pinterest

Share This