Open Source POS, tamén coñecido como OSPOS (Open Source Point of Sale), é unha solución para software de punto de venda. Trátase dunha aplicación web liberada baixo a licenza MIT e desenvolvida principalmente coa linguaxe PHP e empregando os frameworks libres CodeIgniter e Bootstrap.

Dende a páxina web do proxecto tamén destaca que están abertos a implementar características solicitadas polos usuarios de OSPOS ou mesmo funcionalidades que a xente atope interesantes ter logo de probar a súa demo que está dispoñible para todos dende a web do proxecto.

Algunhas das características destacadas de OSPOS son:

  • Xestión de stock e almacén.
  • Xestión de fornecedores e clientes.
  • Rexistro de vendas e transaccións.
  • Xestión de facturas.
  • Xeración de códigos de barras.
  • Tarxetas ou vales regalos.
  • Informes sobre vendas, produtos, clientes…
  • Sistema de mensaxería mediante correo electrónico e SMS.
  • Cumprimento coa lexislación europea de protección de datos.

Pin It on Pinterest

Share This