OrangeHRM é un sistema de xestión de recursos humanos enfocado a empresas pequenas e medianas lanzado en 2005. Consta dunha aplicación web liberada baixo a licenza GPL versión 2 ou superior e que está baseada en PHP, Apache e MySQL. O desenvolvemento deste software vai da man da empresa homónima que segue o modelo de negocio open core, ofrecendo unha versión libre a todo o mundo e a maiores outras versións polas que cobra que teñen engadidos e servizos adicionais.

OrangeHRM conta con moitas funcionalidades para axudar nas áreas de recursos humanos, entre as que destacan:

  • Xestión de información persoal onde se pode almacenar varios tipos de información sobre os empregados e campos personalizados
  • Utilidade de xestión de permisos e vacacións do persoal
  • Seguimento de tempo e de rendemento podendo facer unha exportación de datos de horas extra
  • Informes relacionados coas tarefas e capacidades dos empregados
  • Ferramentas que axudan en todo o proceso de novas incorporacións de persoas

Pin It on Pinterest

Share This