OBS Studio, ou Open Broadcaster Software Studio, é unha aplicación libre e multiplataforma que permite a captura ou gravación de vídeo e a súa retransmisión. Trátase dunha aplicación con características profesionais e doada de utilizar.
A aplicación está desenvolvida en C/C++ empregando a biblioteca gráfica QT e conta con versións para GNU/Linux, Mac OS e Windows. Dispoñible en 55 idiomas, entres os que se atopan o galego e o castelán, está liberado baixo os termos da licenza GPLv2 ou superior. Comezou sendo un proxecto persoal, pero hoxe en día é un referente no sector que conta con máis de 300 contribuidores e que se financia a través de doazóns e patrocinios.
A características de OBS son as que se poden precisar en calquera situación nas que sexa necesario gravar, capturar un vídeo ou retransmitilo tendo como destacadas as seguintes:
- Captura e mestura de vídeo e son en tempo real.
- Permite a inclusión de múltiples fontes: xanelas, imaxes, texto, webcams, navegadores, tarxetas capturadoras…
- Configuración de esceas ilimitadas podendo facer cambios con transicións.
- Utilidade para a mestura de son con filtros.
- Soporte de múltiples formatos tanto de vídeo como de son.
- Soporte para a retransmisión de vídeo ás plataformas de vídeo máis populares ou mediante calquera formato estándar de retransmisión a través da rede.
- Ampliación do seu funcionamento mediante extras e engadidos, tanto cos xa existentes como desenvolvendo novos.