Apache NetBeans proporciona editores e asistentes para axudar a crear aplicacións en Java, PHP e noutras linguaxes. É unha ferramenta de software libre (licenza Apache 2.0) e multiplataforma, podendo instalarse en todos os sistemas operativos que soportan Java (Windows, GNU/Linux, Mac OSX e BSD). Apache NetBeans é moito máis que un editor de texto. Resalta o código fonte sintáctica e semanticamente, permite refactorizar facilmente o código, cunha gama de ferramentas útiles e potentes.