Nagios é unha solución de monitorización de software libre. Segue o modelo de negocio “Open Core”, polo que realmente a solución libre é Nagios Core, coas funcionalidades básicas e logo existen outros productos que empregan ese núcleo para implementar características máis avanzadas ou personalizadas mediante o cal Nagios Enterprises cobra o servizo de subscrición.

Nagios permite a monitorización de calquera equipo, servizo ou infraestrutura de rede. A forma de funcionar de Nagios é tendo uns plugins que son os que executan e realizan as medicións do parámetros configurados e envían o resultado ao núcleo de Nagios que presenta os datos mediante unha aplicación web e tamén se encarga de enviar as alertas polos medios que teña configurado ou mesmo de xerar informes.

Pin It on Pinterest

Share This