MongoDB é un sistema de xestión de bases de datos non SQL, orientado a documentos publicado baixo a licenza GNU AGPL. En lugar de empregar táboas, MongoDB garda os datos en estruturas de documentos similares a JSON, facendo que a integración deses datos nas aplicacións sexa máis sinxela e rápida. Este novo xeito de xestión tan áxil fai que se empregue en proxectos cun volume de datos moi grandes, no que se veu en denominar proxectos de Big Data.

Ademais da versión con licenza libre, existe a posibilidade dunha licenza comercial que aporta novas funcionalidades como ferramentas de xestión, monitorización e backup e tamén soporte comercial.

Pin It on Pinterest

Share This