Mautic é unha solución de automatización de mercadotecnia liberada baixo os temos da licenza GPL versión 3. O desenvolvemento da mesma é comunitario e está programada en PHP e JavaScript. Esta solución permite despregar unha plataforma de mercadotecnia en infraestrutura propia ou contratando como servizo a terceiros, ao ser un proxecto comunitario o soporte existente é gratuíto e altruísta, pero tamén existen empresas especializadas que realizan integracións e tamén ofrecen servizo de soporte avanzado.
A solución é unha aplicación web da que se destacan as seguintes características:
- Creación de campañas de mercadotecnia de forma sinxela.
- Campañas compostas de diversos elementos sobre os que se poden definir regras e condicións. Algúns dos elementos dos que se poden compoñer as campañas son envíos de correos, páxinas web con información, formularios…
- Seguimento, categorización e segmentación de contactos para poder organizar e optimizar a campañas.
- Ferramenta de informes detallados.
- API que permite realizar integracións con outros sistemas ou mesmo con redes sociais.
- Integracións xa implementadas con diversos CRM ou CMS como por exemplo WordPress.