Mattermost é un conxunto de ferramentas de colaboración que ten como epicentro un servizo de mensaxería instantánea, dende o cal se pode acceder ao resto de funcionalidades. Mattermost posúe unha API mediante a cal se poden desenvolver integracións con outros sistemas ou servizos como poden ser IRC, WordPress, Jenkins, Nagios, Git…
Mattermost tamén se acostuma presentar como a alternativa libre a Slack e de feito supera a esta en varios aspectos como pode ser no relativo á seguridade e privacidade, pois Slack só é un servizo mentres que Mattermost, aínda que tamén se pode empregar como servizo na nube, permíteche instalar o software en infraestrutura propia.
Funcionalidades principais:
- Mensaxes de grupo e privados.
- Compartición de ficheiros.
- Hooks e comandos.
- Framework para complementos.
- Soporte multilingüe.