Matomo é unha solución de analíticas web que permite mediante uns pasos moi sinxelos configurar un sistema para recoller diversas analíticas sobre as interaccións coa páxina web dunha empresa ou entidade calquera.
É unha alternativa libre a Google Analytics e que ademais permite ter o control dos datos, pois a maiores de utilizar un servizo de terceiros, tamén se pode instalar a solución en infraestrutura propia evitando así que os datos saian da empresa que precise realizar as analíticas.
Trátase dun software desenvolvido fundamentalmente con PHP e licenciado baixo a GPLv3 ou superior e que cumpre coa lexislación de protección de datos como a GDPR e a CCPA. É a solución que está sendo usada en máis de un millón de páxinas web de 190 países distintos.
Algunha das características máis destacadas é a súa flexibilidade, podendo estenderse mediante plugins e incluso tendo a posibilidade de automatizar e integrar accións ou tarefas grazas á súa API usando o protocolo HTTP. Sobre a consulta da información recollida, ademais de poder ver os datos en cru, tamén se permite realizar informes, tanto predefinidos como personalizalos para adaptarse ás necesidades da empresa.