MariaDB é un sistema xestor de bases de datos, nado a partir de MySQL no 2009. Despois da compra por parte de Oracle da empresa Sun Microsystems, houbo parte da comunidade de MySQL que decidiu facer un fork do proxecto para garantir que seguise sendo software libre, de feito o proxecto MariaDB está composto solo por compoñentes libres, liberados con licenzas GPL, LGPL e BSD e a maiores tamén mantén toda a información relacionada co desenvolvemento de forma pública, como pode ser o plan de desenvolvemento, a xestión de erros… Aínda que MariaDB e MySQL son xa sistemas distintos entre si, MariaDB segue mantendo unha alta compatibilidade con MySQL, dependendo entre que versións se comparen, isto facilita a migración de MySQL a MariaDB.

MariaDB está considerado un xestor relacional aínda que nas versións modernas ten tamén funcionalidades para BigData que permiten utilizar motores de almacenamento como Cassandra, as últimas novidades de MariaDB tamén teñen certas funcionalidades GIS e JSON. MariaDB ademais de ser o proxecto, tamén é unha empresa que desenvolve e ofrece produtos e servizos arredor do proxecto principal e que tamén colabora co propio desenvolvemento de MariaDB.

Pin It on Pinterest

Share This