Loomio é unha solución libre para a toma de decisións deseñada para asistir a grupos que teñan que tomar decisións de forma colectiva. O desenvolvemento da aplicación comezou no ano 2012 por parte dun grupo de desenvolvedores de Wellington en Nova Celandia e non foi ata o ano 2014 cando Loomio tivo a primeira versión estable 1.0 logo de recibir financiamento colaborativo mediante un proceso de “crowdfounding”.

A aplicación está escrita principalmente nas linguaxes Ruby e JavaScript e utiliza a biblioteca Vue para a interface, así mesmo está liberada con unha licenza AGPL versión 3 e o seu desenvolvemento está xestionado por unha empresa de nome homónima. Empresa que tamén ofrece a solución como un servizo na nube, aínda que o código está dispoñible para que calquera poida despregar a solución en infraestrutura propia ou ofrecer servizos utilizándoa.

Algunha das características máis destacadas de Loomio son:

  • Interface multiplataforma, accesible e sinxela de utilizar.
  • Xestión de grupos de usuarios, tanto públicos como privados.
  • Inicio, verificación e visualización de resultados dos procesos de toma de decisións, que poden ser:
    • Consultas
    • Debates
    • Enquisas
    • Votacións

Pin It on Pinterest

Share This