LimeSurvey é unha solución de software libre que permite crear enquisas e cuestionarios en liña e recoller eses datos para o seu procesado posterior, unha solución acaida para a realización de estudos de mercado, enquisas a clientes, estudos sociolóxicos…
Trátase dunha aplicación web desenvolvida en PHP e JavaScript e liberada baixo GPLv2 que se pode despregar en infraestrutura propia, de terceiros ou mesmo da empresa encargada do seu desenvolvemento.
Algunhas das características máis destacadas de LimeSurvey son:
- 28 tipos de preguntas distintas.
- Construcción de enquisas con ramificacións en función de condicións.
- Exportación de datos das respostas en varios formatos: follas de cálculo, SPSS, R ou Stata.
- Posibilidade de tratamento estatístico sinxelo dos datos das respostas na aplicación.
- Interface sinxela e traducida a máis de 80 linguas entre as que se atopan o galego e o castelán.
- Cumprimento dos requisitos da lexislación europea de protección de datos.