LEOS (Legislation Editing Open Software) é unha solución creada polas administracións europeas ao abeiro do Programa sobre Solucións de Interoperabilidade para as Administracións Públicas, tamén coñecido polas súas siglas en inglés ISA (Interoperability Solutions for Administrations).

Esta solución é un software que permite xerar, editar e revisar proxectos de lexislación nun formato XML legal, está válido para todo tipo de textos legais europeos e tendo en conta as distintas tradicións lexislativas europeas e permitindo así xerar lexislación interoperable entre distintas administracións.

LEOS é unha aplicación web desenvolvida fundamentalmente na linguaxe Java e está liberada baixo os termos da licenza EUPL (European Public License) polo que calquera administración pode reutilizar e adaptar o seu código.

Pin It on Pinterest

Share This