Joomla! é un sistema de xestión de contidos, tamén coñecidos como CMS do inglés Content Management System, que che permiten configurar, adaptar e dotar de contidos un portal web dende o navegador dunha forma sinxela, sen ter que programar código.

Joomla! naceu no 2005 froito dun fork do proxecto Mambo. Está programado en PHP, licenciado con GPL versión 2 e é un dos CMS máis empregados para o desenvolvemento de portais web.
Joomla! ten unha serie de funcionalidades no seu núcleo, entre as que destacamos:

  • Soporte de múltiplos idiomas
  • SEO e SEF integrado
  • Xestión de menús e usuarios
  • Sistema de cache
  • Extensión mediante engadidos (máis de 8000 dispoñibles)

Pin It on Pinterest

Share This