Grafana é un sistema de visualización interactiva e dinámica que está escrito fundamentalmente na linguaxe Go e licenciado baixo Apache 2.0, é desenvolvido por Grafana Labs a cal ofrecen un produto chamado Grafana Enterprise con unha serie de servizos engadidos.

Trátase dun software multiplataforma e extensible mediante plugins no que os usuario poden construír de forma personalizada o seu panel de visualización de datos, así como compartir os mesmos dun xeito sinxelo. Grafana é amplamente usado en sistemas de monitorización de servizos de rede como poden ser Prometheus ou Zabbix.

As características máis destacadas de Grafana son:

  • Visualización de múltiples tipos de gráficas (histogramas, mapas xeográficos, mapas de calor…) con multitude de opcións coas que se poden enriquecer e estender.
  • Creación de paneis de control dinámicos e reutilizables coa posibilidade de compartilos.
  • Utilización de diversas e múltiples fontes de datos das que se poden obter métricas personalizadas así como filtrar datos e realizar anotacións en tempo real.
  • Definición de alertas e notificacións.

Pin It on Pinterest

Share This