Gogs é un clon da coñecida plataforma GitHub, pero de Software Libre, publicado baixo licenza MIT. A maior característica de Gogs é a súa lixeireza, xa que pode ser despregado mesmo nunha RasberryPi. É un software moi sinxelo de instalar, contando con versións en Docker e Vagrant, trátase dunha solución multiplataforma e moi intuitivo xa que a súa interface emula o funcionamento e a estética de GitHub.