GLPI é unha solución de xestión de servizos da información, do inglés Information Technology Service Management (ITSM). Mediante esta solución é posible realizar a xestión e o inventario de todo o parque informático dunha empresa (computadoras, impresoras, software…), levar o centro de atención ao usuario, mediante o seu uso serve de axuda ao traballo dos administradores de sistemas que a xestionan axudando a cumprir coas boas prácticas da ITIL. Está desenvolvido en PHP e baixo a licenza GPLv2.
As características máis destacadas que ofrece este software son:
- Centro de servizo ao usuario con un único punto de contacto
- Xestión de múltiplas entidades
- Soporte de máis de 40 linguas
- Soporte multiusuario
- Inventario de activos
- Xestión administrativa e financeira
- Xestión de licenzas
- Xestión documental e de contratos
- Informes e estatísticas
- Base de coñecemento e respostas frecuentes