GitLab é unha solución web de software libre de forxa, control de versións e integración continua que axuda ao desenvolvemento de software colaborativo baseada en Git e que ademais tamén ten algunhas funcionalidades de xestión de proxectos integrada.

Ademais, Gitlab tamén é unha empresa que desenvolve e ofrece o software GitLab como servizo na nube. GitLab foi creada no 2011 polos Ucraínos Dmitriy Zaporozhets, Sid Sijbrandij e Valery Sizov baixo a licenza MIT e programado en Ruby, aínda que posteriormente algunhas partes reescribíronse en Go para mellorar en eficiencia. Dende 2014 Gitlab adoptou o modelo de negocio coñecido como “open core” e ten 2 versións distintas, Enterprise Edition e Community Edition, a Enterprise Edition é de pago e ten algunhas funcionalidades máis que a Community Edition, aínda que está baseada na versión libre, contén algunhas partes que non son software libre.

As principais ferramentas e características de Gitlab son:

  • Control de versións con Git
  • Seguimento de incidencias
  • Revisión de código
  • Integración continua
  • Integración con múltiplas ferramentas como AD/LDAP, CI/CD…

Na páxina do proxecto hai un apartado con todas as características que hai nas distintas versión de GitLab.

Pin It on Pinterest

Share This