FreePBX é unha interface gráfica web modular e de software libre para xestionar unha central privada de telefonía que use o software libre Asterisk. Alén da interface gráfica, tamén existe unha distribución homónima, a cal está baseada en CentOS e ten preinstaladas certas ferramentas útiles para o caso da telefonía, como o FreePBX e Asterisk.

Mediante esta ferramenta pódese instalar e configurar unha central privada de telefonía, tamén coñecidas como PBX do inglés “Private Branch Exchange” dun xeito sinxelo e mediante un navegador.

O proxecto FreePBX está xestionando pola empresa Sangoma, fabricante de teléfonos IP, servidores PBX… esta ofrece ademais unha versión de pago de FreePBX que conta con soporte técnico, formación e con engadidos comerciais.

Pin It on Pinterest

Share This