Firefox

O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto. Está desenvolvido pola Fundación Mozilla, entidade sen ánimo de lucro, e por unha gran comunidade de voluntarios.

O Firefox incorpora bloqueo de xanelas emerxentes, navegación por separadores, marcadores dinámicos, compatibilidade con estándares abertos, e un potente mecanismo para engadir funcionalidades mediante extensións.

Os complementos son pequenos programas que engaden novas funcionalidades ao navegador e permiten personalizalo para que se axuste ás súas preferencias e gustos.

Aínda que se trata de software libre, tanto o nome coma o logo da marca “Firefox” son propiedade da Fundación Mozilla. Ao non ser copyleft, o seu uso pode implicar incompatibilidades con algunhas licenzas libres. Por este motivo, o Firefox da distribución Debian GNU/Linux chámase Iceweasel e o seu logo é diferente, aínda que se trata do mesmo programa coas mesmas funcionalidades.

Pin It on Pinterest

Share This