Etherpad é unha solución para a edición de documentos de texto colaborativa e en tempo real. Permite a edición dun mesmo documento por parte de múltiples usuarios de forma simultánea. É unha aplicación web multiplataforma liberada baixo a Apache License 2.0 que se pode empregar dende o navegador, a parte servidor pode instalarse en infraestrutura propia ou usar un servizo de terceiros.
Funcionalidades máis destacadas de Etherpad:
- Creación e edición de documentos de texto
- Compartición de documentos con unha simple ligazón escollida polo usuario ou aleatoria
- Resaltado do texto con código de cores para identificar que é o que escribe cada usuario
- Chat con todos os usuarios involucrados nun documento
- Formato básico de texto
- Importación e exportación de documentos en varios formatos
- Uso de autenticación ou acceso público e universal
- Extensión de uso mediante plugins