Draw.io é unha ferramenta de creación e edición de diagramas libre que permite a integración con diversas plataformas. O software consiste nunha aplicación web realizada maioritariamente en JavaScript e licenciada con Apache v2, a cal funciona nunha ampla gama de navegadores e permite a creación de diagramas, contando con modelos para diversos tipos como poden ser diagramas UML, esquemas de rede, fluxogramas, diagramas de enxeñaría e electrónica, mapas conceptuais, diagramas de Venn… Tamén permite crear coleccións de diagramas e imaxes personalizados para utilizar nos diagrama.

Trátase dunha aplicación sinxela de usar mediante a cal se poden debuxar diagramas profesionais e que cumpre coa maior parte das necesidades que pode ter calquera empresa, profesional ou administración á hora de deseñar diagramas de calquera tipo. Esta ferramenta está dispoñible para traballar en liña podendo gardar os diagramas en Google Drive, OneDrive ou en local. Adicionalmente, a aplicación web tamén está dispoñible para o traballo sen conexión mediante a descarga previa da mesma para o seu uso en diversas plataformas como Chrome OS, GNU/Linux, Mac OS e Windows.

Pin It on Pinterest

Share This