Decidim é un framework web desenvolvido en Ruby on Rails e liberado baixo AGPLv3 que permite configurar, adaptar e desenvolver un portal web de participación cidadá, democracia cidadá e de transparencia para diversos ámbitos.

O enfoque do desenvolvemento está posto en dotar a calquera tipo de entidade, como poden ser un concello, unha asociación, unha ONG, un sindicato, un partido político ou unha universidade dun mecanismo para poder crear procesos masivos de planificación participativa.

Mediante o uso de Decidim destácase a posibilidade de xestionar:

  • Orzamentos participativos
  • Deseño e redacción de documentos como regulamentos, normas ou estatutos de forma participativa.
  • Organización de asembleas
  • Votacións, referendos e consultas a socios ou á cidadanía
  • Resultados finais de proxectos e propostas
  • Sorteos
  • Notificacións
  • Boletíns

Pin It on Pinterest

Share This